Campaña de recollida de xoguetes e alimentos “Celeste solidario”

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 14, 2013
cartel celeste solidario web

A Fundación Celta de Vigo organiza, como cada Nadal, a campaña de recollida de xoguetes e comida “Celeste solidario”. Este ano todo o recollido irá destinado ás organizacións “La mano que ayuda”, “Cáritas” e “A las 5”.

O obxectivo principal desta campaña é o de mobilizar o celtismo para que achegue o seu granito de area e axudar a aqueles que máis o necesitan. Este ano a recollida de xoguetes e alimentos terá lugar antes do comezo dos próximos partidos que xogará o Celta na casa, en concreto, o Celta – Almería do 30 de novembro, o Celta -Athletic de Bilbao o 7 de decembro e o Celta – Osasuna o 22 de decembro.

Para colaborar con “Celeste solidario” será posible acudir ao Estadio de Balaídos dende 3 horas antes e ata o inicio do encontro ao local de antigos xogadores onde un grupo de voluntarios recollerán todas as doazóns que serán almacenadas e se repartirá entre as asociacións coas que este ano colabora a Fundación Celta de Vigo.

Dende aquí, animamos a todo o mundo a participar nunha campaña pensada para axudar aos que máis o necesitan nunha época moi especial para todos.

Cartel Celeste Solidario

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario