Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal Fundación Celta

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: Diciembre 23, 2013

Os gañadores do Concurso de Postais de Nadal Fundación Celta – El Corte Inglés recibiron hoxe os seus premios no Museo do Real Club Celta de mans de Serafín Alonso Director de la Fundación Celta e de Jose Manuel Blanco director de comunicación de El Corte Inglés. Os premios constan de trofeo e cheque regalo de El Corte Inglés e un lote de regalos da Fundación Celta para o gañador de cada categoría. Houbo ademais premio para os colexios máis participativos, entre os que destacan “Las Acacias” o colexio “Vista Alegre” e “Dr. Fleming”.

Na categoría “A”, de 5 a 7 anos, a gañadora foi Noa Buceta Blanco, na categoría “B”, de 8 a 11 anos, Martín Barros Vidal e na categoría “C”, de 12 a 14 anos, o premio obtívoo Eva Fernández Prieto. Ademais o gañador absoluto deste ano, cuxa postal formará parte da felicitación do Nadal do Real Club Celta foi Álvaro Valverde Díaz, de 11 anos.

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario