O Celta e a súa Fundación chegan a Europa do Leste coa creación dunha escola de fútbol en Romanía

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: mayo 27, 2016
Rumania

O Real Club Celta, a través da súa Fundación, continúa desenvolvendo novos proxectos de expansión internacional a través da creación dunha ampla rede de escolas sociodeportivas en varios países do mundo como México ou Arxentina. Durante os próximos días, e coa presenza do presidente celeste, Carlos Mouriño, porase en marcha a primeira escola Celta en Europa do Leste, en concreto na localidade de Brasov, situada a 140 km de Bucarest, Romanía.

Para a posta en marcha deste novo proxecto, asinouse un acordo entre o Celta, a súa fundación, o CS Coltea 1920 de Brasov e o concello da localidade romanesa co fin de colaborar no desenvolvemento e a promoción da práctica futbolística empregando a metodoloxía e filosofía da canteira celeste, un referente cada vez máis estendido polo mundo.

A través deste importante convenio, a Fundación Celta de Vigo, responsable do desenvolvemento e mantemento da canteira do club, comprométese a ofrecer cursos de formación a adestradores locais tanto en Romanía como en Vigo, así como crear polo menos 5 bolsas ao ano para que os novos futbolistas romaneses que destaquen teñan a oportunidade de viaxar a Vigo durante tres semanas e adestrar nas instalacións deportivas da Madroa. Ademais, o acordo inclúe un protocolo de cooperación co concello de Brasov, que será o encargado de proporcionar os medios e os recursos necesarios para o mantemento, desenvolvemento e promoción da escola “Celta de Vigo Brasov”.

Este gran paso confirma novamente a excelente imaxe que tanto o club como a súa canteira transmiten no estranxeiro, froito en boa medida do incansable traballo dos preparadores celestes e do fútbol despregado durante a última tempada. Coa clasificación para disputar competición europea, esta escola suporá a primeira pedra dun proxecto a longo prazo de creación de academias de fútbol no continente europeo e será sen dúbida un gran reforzo para o club celeste nunha contorna de gran tradición futbolística.

El Real Club Celta, a través de su Fundación, continúa desarrollando nuevos proyectos de expansión internacional a través de la creación de una amplia red de escuelas sociodeportivas en varios países del mundo como México o Argentina. Durante los próximos días, y con la presencia del presidente celeste, Carlos Mouriño, se pondrá en marcha la primera escuela Celta en Europa del Este, en concreto en la localidad de Brasov, situada a 140 km de Bucarest, Rumanía.

Para la puesta en marcha de este nuevo proyecto, se ha firmado un acuerdo entre el Celta, su fundación, el CS Coltea 1920 de Brasov y el ayuntamiento de la localidad rumana con el fin de colaborar en el desarrollo y la promoción de la práctica futbolística empleando la metodología y filosofía de la cantera celeste, un referente cada vez más extendido por el mundo.

A través de este importante convenio, la Fundación Celta de Vigo, responsable del desarrollo y mantenimiento de la cantera del club, se compromete a ofrecer cursos de formación a entrenadores locales tanto en Rumanía como en Vigo, así como crear al menos 5 becas al año para que los jóvenes futbolistas rumanos que destaquen tengan la oportunidad de viajar a Vigo durante tres semanas y entrenar en las instalaciones deportivas de A Madroa. Además, el acuerdo incluye un protocolo de cooperación con el ayuntamiento de Brasov, que será el encargado de proporcionar los medios y los recursos necesarios para el mantenimiento, desarrollo y promoción de la escuela “Celta de Vigo Brasov”.

Este gran paso confirma nuevamente la excelente imagen que tanto el club como su cantera transmiten en el extranjero, fruto en buena medida del incansable trabajo de los preparadores celestes y del fútbol desplegado durante la última temporada. Con la clasificación para disputar competición europea, esta escuela supondrá la primera piedra de un proyecto a largo plazo de creación de academias de fútbol en el continente europeo y será sin duda un gran refuerzo para el club celeste en un entorno de gran tradición futbolística.

 

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario