Iván Villar, convocado coa Sub-17 ante Alemaña

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 5, 2013
Ivan Villar sub 17

A convocatoria da Selección Española sub-17 depara unha nova satisfacción para o Real Club Celta, cuxa decidida aposta pola canteira ten un brillante reflexo nas categorías inferiores do combinado nacional. Na lista do seleccionador para a disputa de dous partidos internacionais ante Alemaña figura o porteiro do R.C. Celta Xuvenil Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997), quen chegou ao club vigués en categoría cría. O porteiro celeste debutou co combinado español en setembro do presente ano e vaise consolidando como un dos seus valores.

A Selección Española sub-17 medirase a Alemaña este mes de novembro os días 12, ás 11 da mañá no Estadio de Wetzlar, e 14 no Estadio Georg-Gafmann, a esa mesma hora.

Noticia de www.celtavigo.net

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario