Torneo Alevín F-11 Fundación Celta de Vigo

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 21, 2013

A Fundación Celta de Vigo, a través dos seus coordinadores de categorías inferiores e coa colaboración da Asociación de FútbolAficcionado de Vigo (AFAVI) organizaron un torneo de Fútbol 11 Alevín que comezará este mes e se prolongará ao longo de 7 xornadas.

O torneo xogarase conforme ao que dispoñen os regulamentos da International Board, coas modificacións que, se é o caso, se vaian producindo, unha vez aprobadas aquelas pola FIFA e publicadas oficialmente por R.F.E.F.

Esta competición terá carácter non oficial.

Os equipos participantes serán:

· Balaidos C.F.
· C.D. Neto
· Gran Peña C.F.
· R.C. Celta de Vigo “A”
· R.C. Celta de Vigo “B”
· S.R. Casablanca
· San Miguel C.F.
· U.V.C.D. Candeán

A competición comezará o día 24 de novembro. Haberá 2 xornadas/semanas de descanso nas datas do Nadal (29 decembro e 5 xaneiro)

Este será o calendario da competición

Calendario torneo alevin fut 11

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario