A Fundación Celta colabora con “A gran recollida de alimentos”

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 13, 2013
Borja

Borja Oubiña será a imaxe da campaña que o Banco de Alimentos deVigo levará a cabo este Nadal, chamada “A gran Recollida de alimentos”. O obxectivo desta campaña é alcanzar en dous días, 29 e 30 de novembro, os 150.000 quilos de alimentos entre supermercados e centros comerciais de toda a cidade. Un labor titánico á que a Fundación Celta se uniu como colaboradora xunto ao Real Club Celta e en especial Borja Oubiña para achegar entre todos o seu grano de area.

O presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, agradeceu durante a presentación da campaña a colaboración do Celta, que considera un dos principais elementos vertebradores da cidade de Vigo e de Borja Oubiña, o seu capitán, representante dos valores que representa o club.

A fundación provincial banco de alimentos de Vigo, é unha O.N.Gsen ánimo de lucro, o banco de alimentos da provincia dePontevedra, empezou a súa andaina en Vigo no ano 1995 mantendo dende entón un aumento progresivo das súas actividades.

Máis información na súa páxina web: http://www.bancoalimentosvigo.org/

Borja Oubiña, Celta, Banco de Alimentos, recogida,

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario