Conservas Daporta colabora con Celeste Solidario

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: diciembre 11, 2013

Este ano, como vén sendo habitual, a empresa Conservas Daporta, realizou unha importante doazón de produtos á campaña Celeste Solidario que organiza a Fundación Celta de Vigo.

Trátase dunha doazón que consta de máis de 20 caixas con conservas de luras e sardiñas que irán destinadas a Cáritas e a ” ALas 5″ dúas das asociacións colaboradoras no noso programa deste ano.

Conservas Daporta é unha empresa familiar situada en Cambadosque leva máis de 70 anos traballando con conservas e demais produtos do mar e a comercialización dos seus produtos se realiza baixo as marcas Daporta, A Chave, El Marino e Río Úmia, distribuídos en tendas Gourmet, Carnizarías e Hostalaría.

Conservas Daporta é, ademais, un exemplo de solidariedade e colaboración coa causa de “Celeste Solidario” e unha mostra de que calquera empresa que o desexe pode colaborar nesta campaña. Agradecemos moi sinceramente a súa achega e desexámoslles o maior dos éxitos empresariais.

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario