Entrega dos premios Fundación Celta á superación no deporte

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: octubre 10, 2013

A Fundación Celta de Vigo fixo entrega do “Premio á superación no deporte” á regatista galega Tamara Echegoyen, ouro olímpico en Londres 2012, e á institución Special Olympics, encargada de fomentar a inserción social de persoas con minusvalidez intelectual a través do deporte.

Os premios “Fundación Celta de Vigo” nacen como unha aposta por dar recoñecemento a aquelas persoas e institucións que promoven os valores do deporte na sociedade a través do seu traballo diario. Este ano centrouse na superación como valor fundamental na vida e no deporte, algo que tanto Tamara Echegoyen coma Special Olympics comparten e que co seu esforzo diario representan un exemplo de superación para a sociedade.

Special Olympics traballa dende hai máis de vinte anos na promoción e a inserción social de persoas con minusvalidez intelectual a través da organización de competicións deportivas e actividades de tempo libre. Grazas ao seu labor, cada ano miles de persoas con minusvalidez en todo o mundo poden gozar do deporte e o ocio.

Tamara Echegoyen leva case unha década obtendo méritos deportivos, coroados co ouro olímpico de Londres 2012, e demostrou ao longo destes anos a súa fortaleza e dedicación a un deporte que cada ano obtén maiores cotas de éxito.

A entrega de premios tivo lugar nun sinxelo acto celebrado en Vigo ao que asistiron tanto os homenaxeados, Enric Blesa, director xeral de Special Olympics España, Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, e Tamara Echegoyen, como o director da Fundación Celta de Vigo, Serafín Alonso.

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario