Jonhy Castro e o Celta homenaxeados nos premios VIDE

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 7, 2013
Jonhy Castro2

A Fundación VIDE entregou no día de onte os premios que levan o seu nome e cuxo obxectivo é promover o deporte de base. Neste sentido, a VIDE quixo realizar unha especial homenaxe ao Real Club Celta no seu 90 aniversario, pero tamén pola súa forte aposta polo deporte base a través da súa canteira, xestionada pola Fundación Celta. Ao acto asistiu en representación do Celta Carmen Avendaño e Serafín Alonso en representación da Fundación.

Ademais, o novo xogador do Celta Jonhatan Castro Otto “Jonhy” foi tamén galardoado como mellor xogador promesa sub21 da pasada tempada. Un xogador que tivo unha importante presenza a pasada tempada ao ter tido que suplir a baixa de Hugo Mallo durante un longo período do pasado curso deportivo. O seu traballo e sacrificio no campo de xogo consolidaron ó xogador dentro do primeiro equipo e fixérono acredor deste merecido galardón.

Durante o acto, tamén foron galardoados Manel Iglesias “Zaragallas” como “Mellor Directivo” e “Mellor Árbitro” a Elena Casal.

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario