Campaña de Clinics de Nadal 13-14

ESCUELA DE FÚTBOL PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL

Publicado por
Actualizado: noviembre 29, 2013
Cartel Clinics WEB

A Fundación Celta de Vigo arranca a súa campaña de clinics e xornadas de tecnificación destinados a nenos e nenas de 6 a 12 anos de diversas localidades de Galicia que estean interesados en gozar e coñecer de preto as categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo.

Durante os días 26,27 e 28 de decembro así como 3 e 4 de xaneiro desenvolveranse en varias localidades de Galicia diversas xornadas de actividades cun dobre obxectivo: por un lado mellorar e perfeccionar as técnicas deportivas dos nenos, pero ao mesmo tempo entreter e divertir aos máis pequenos.

As actividades terán lugar de mañá en horario de 10:00 a 14:00 horas e serán levadas a cabo por monitores formados coas técnicas que se empregan nas categorías inferiores do Real Club Celta onde tamén se fomentarán hábitos de vida e alimentación saudables.

En función da sede, os nenos e nenas poderán apuntarse a unha ou varias xornadas. Existen descontos e prezos especiais tanto para colaboradores da Fundación, socios do Celta, clubs convidos e tamén, de xeito especial para todos os nenos das Escolas deportivas Fundación Celta.

Sedes:

Vigo: 26,27 e 28 de decembro Folla de inscrición Vigo

O Carballiño: 27 de decembro Folla de inscrición O Carballiño

A Pobra de Trives: 28 de decembro Folla de inscrición A Pobra de Trives

Pontecaldelas: 3 de xaneiro Folla de inscrición Pontecaldelas

Allariz: 4 de xaneiro Folla de inscrición Allariz

Aldán: 4 de xaneiro Folla de inscrición Aldán

 

banner clinic3

You must be logged in to post a comment Login

Deja un comentario