FOTOGRAFÍAS

foto1 foto2 foto3

INAUGURACIÓN E SALAS DO MUSEO DO REAL CLUB CELTA

O Museo Deportivo inaugurouse o 12 de marzo de 1999 e abarca toda a historia do Real Club Celta dende o seu nacemento en 1923 ata os nosos días. O Museo conta con diversas salas que nos mostran un paseo pola historia, trofeos conseguidos, placas conmemorativas, banderines, fotografías de múltiples aliñacións, logros no baloncesto e atletismo… que nos fan lembrar e coñecer a fondo as fazañas do noso Celta.

 

museo1Desde os anos 50 ata os nosos días: atopámonos con trofeos, fotografías, recordos como botas e camisetas de xogadores, medallas, primeiros portaequipaxes… que reflicten os logros, altibaixos e anécdotas do noso Club.

museo2Orixes do Real Club Celta: É esta unha das seccións que máis interese crea nos nosos visitantes. Nela pódese gozar e coñecer as orixes e os primeiros anos de andaina do primeiro equipo do Real Club Celta.

museo3Sala de Trofeos: Unha das salas máis atractivas do Museo Deportivo. Nela atópanse todos os trofeos conseguidos dos Torneos de Verán. Entre eles están a “Cidade de Vigo”, “Trofeo Xacobeo”, “Emma Cuervo”, “Huérfanos del Mar”… entre outros. O Teresa Herrera atópase actualmente exposto no Celta Café do Estadio.

museo5Competicións Europeas: Sección que reflicte os últimos logros do Real Club Celta, con equipaxes e recordos das Competicións Europeas da UEFA e o Trofeo Intertoto. Incorporándose este ano recordos dos equipos que pasaron polo Estadio de Balaídos durante a UEFA Champions League.

museo6Sala de Baloncesto e Atletismo: Nela atópanse os logros conseguidos polo Real Club Celta de Baloncesto e de Atletismo, trofeos gañados, medallas, fotografías, camisetas e botas dos nosos Olímpicos.

museo7Salas de Fútbol Base e Celta B: Sala dedicada ás categorías inferiores do Celta. Nela obsérvanse os logros realizados polo fútbol base.

museo10Maqueta do Estadio Municipal de Balaídos, que se inaugurou en 1928. Como moitos outros estadios españois, sufriu unha gran remodelación en 1982 ao ser sede dos mundiais que se disputaron aquel ano. Ten unha capacidade de 31.900 espectadores.

museo8Salas de Estatística, Hemeroteca, Videoteca e Peñas: Pódese coñecer nelas os detalles que completan a historia do Celta facendo unha homenaxe especial a todas as Peñas Celtistas.

museo9Imaxe do trofeo conseguido na Copa Intertoto da UEFA no 2000, o logro europeo máis importante conseguido polo equipo ata a actualidade.

foto1 foto2 foto3

INAUGURACIÓN Y SALAS DEL MUSEO DEL REAL CLUB CELTA

El Museo Deportivo se inauguró el 12 de marzo de 1999 y abarca toda la historia del Real Club Celta desde su nacimiento en 1923 hasta nuestros días. El Museo cuenta con diversas salas que nos muestran un paseo por la historia, trofeos conseguidos, placas conmemorativas, banderines, fotografías de múltiples alineaciones, logros en el baloncesto y atletismo… que nos hacen recordar y conocer a fondo las hazañas de nuestro Celta.

 

museo1Desde los años 50 hasta nuestros días: nos encontramos con trofeos, fotografías, recuerdos como botas y camisetas de jugadores, medallas. primeros portaequipajes… que reflejan los logros, altibajos y anécdotas de nuestro Club.

museo2Orígenes del Real Club Celta: Es esta una de las secciones que más interés crea en nuestros visitantes. En ella se puede disfrutar y conocer los orígenes y los primeros años de andadura del primer equipo del Real Club Celta.

museo3Sala de Trofeos: Una del las salas más atractivas del Museo Deportivo. En ella se encuentran todos los trofeos conseguidos de los Torneos de Verano. Entre ellos están el “Ciudad de Vigo”, “Trofeo Xacobeo”, “Emma Cuervo”, “Huérfanos del Mar”… entre otros. El Teresa Herrera actualmente expuesto en el Celta Café del Estadio.

museo5Competiciones Europeas: Sección que refleja los últmos logros del Real Club Celta, con equipajes y recuerdos de las Competiciones Europeas de la UEFA y el Trofeo Intertoto. Incorporándose este año recuerdos de los equipos que han pasado por el Esradio de Balaídos durante la UEFA Champions League.

museo6Sala de Baloncesto y Atletismo: En ella se encuentran los logros conseguidos por el Real Club Celta de Baloncesto y de Atletismo, trofeos ganados, medallas, fotografías, camisetas y botas de nuestros Olímpicos.

museo7Salas de Fútbol Base y Celta B: Sala dedicada a las categorías inferiores del Celta. En ella se observan los logros realizados por el fútbol base.

museo10Maqueta del Estadio Municipal de Balaídos, que se inauguró en 1928. Como muchos otros estadios españoles, sufrió una gran remodelación en 1982 al ser sede de los mundiales que se disputaron aquel año. Tiene una capacidad de 31.900 espectadores.

museo8Salas de Estadística, Hemeroteca, Videoteca y Peñas: Se puede en ellas conocer los detalles que completan la historia del Celta haciendo un homenaje especial a todas las Peñas Celtistas.

museo9Imagen del trofeo conseguido en la Copa Intertoto de la UEFA en 2000, el logro europeo más importante conseguido por el equipo hasta la fecha.