BASES: Concurso Clinics Nadal 2013 Facebook e Twitter

Twitter Clinics

Coa intención de fomentar a promoción dos Clinics FCV de Nadal 2013, organízase o Primeiro Concurso de Clinics do Nadal “Comparte o Cartaz”. Sortearase unha praza de clinic de unha xornada por rede social (unha para Facebook e outra para Twitter)

1. MECÁNICA

Este concurso vai dirixido a usuarios das redes sociais Facebook e Twitter.

FACEBOOK:

1- Facerse fan da Páxina Oficial “Fundación Celta de Vigo”

2- Compartir o post ou varios post que se publicarán dende o día de inicio ata antes do día 15 de decembro de 2013 ás 23:59 horas.

3- Solo se contabilizará a primeira vez que se comparta o cartaz, por tanto só haberá unha participación por usuario.

Non se contabilizarán os comentarios compartidos sen o cartel ou que non sexan directamente compartidos dende a páxina oficial do Facebook de “Fundación Celta”.

Non poderán obter o premio aqueles que non se teñan feito fans da páxina antes do día 15 de decembro de 2013

TWITTER

1- Facerse seguidor do Twitter @fundacioncelta

2- Retuitear o twit ou twits onde se inclúa o cartaz. Contabilizaranse tamén os tuits independentes que mencionen a conta da Fundación Celta (@fundacióncelta) e que inclúan o cartaz.

3- Só se contabilizará unha participación por usuario.

Non poderán obter o premio aqueles que non se teñan feito seguidores antes do día 15 de decembro de 2013

2. SORTEO

O sorteo realizarase o día 16 de decembro entre todos aqueles que cumpriran as normas.

3. PREMIO

O premio consta de unha praza para realizar un clinic na sede que se escolla dentro das datas incluidas no programa de Clinics do Nadal 2013. Os gañadores deben delegar o premio nun neno ou nena que cumpra as condiciones de idade establecidas para os clinics.

Os nomes dos premiados serán comunicados exclusivamente dende a páxina web da Fundación Celta (www.fundacioncelta.com) e serán contactados mediante mensaxe privada a través das redes sociais.

4. EXCEPCIÓNS

Calquera información que non figure nas bases anteriormente descritas, quedará baixo a decisión da organización do concurso.

O premio podería considerarse deserto no caso que a organización o considerase oportuno.